Homesociedade"Conecta co Xacobeo" fai parada en Sober

“Conecta co Xacobeo” fai parada en Sober

Os case cen galegos que están a participar nesta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración puideron realizar unha viaxe en catamarán polos cañóns do río Sil, descubrindo así a beleza do enclave recentemente nomeado reserva da biosfera pola Unesco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O secretario xeral de emigración Antonio Rodríguez Miranda estivo este mércores en Sober. Acompañado polo alcalde, Luis Fernández Guitián, visitou en Doade a un grupo de 100 personas que participan no programa ‘Conecta co Xacobeo’.

Os galegos do exterior que participan no programa ‘Conecta co Xacobeo’ mantiveron unha xornada de lecer e convivencia antes de retomar mañá as tres últimas etapas que os levarán ata Santiago de Compostela. Tras comer en Sober, tamén puideron comprobar como se vendima nesta comarca.

Mañá retomarán o camiño dende Caldas de Reis os que están a facer o Camiño Portugués e dende Bendoiro en Lalín os que realizan a Vía da Prata. Os participantes son persoas vinculadas aos centros galegos de España e de Europa que están a realizar, dende o pasado domingo, ambos camiños dentro do programa “Conecta co Xacobeo” que organiza a Secretaría Xeral da Emigración. Trátase da primeira iniciativa deste tipo posta en marcha dende a pandemia e o seu obxectivo é dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...