HomesociedadeA ruta dos murais, un percorrido de 1,5 quilómetros por Quiroga

A ruta dos murais, un percorrido de 1,5 quilómetros por Quiroga

A oficina de turismo realizou un mapa no que están sinalizados os dez murais cos que conta a vila de Quiroga. A ruta, dispoñible en Wikiloc e Google Maps, recorre 1’5 quilómetros para gozar do arte urbano en Quiroga, empezando polo aceite e rematando polo viño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ruta iníciase no Auditorio Municipal onde podemos ver o mural que representa un neno cunha oliva dourada, simbolizando o ouro líquido quirogués. Esta obra é do artista urbano, Mon Devane que se  caracteriza por ser un pintor de retratos, foto realista, que utiliza spray para realizar as súas obras, nas que predomina a cor turquesa.

Mural do Auditorio. Foto: RTMQ

Continuando pola rúa Real chegamos ata o Albergue Municipal, onde nunha das súas fachadas laterais atopamos un mural realizado polo artista Miguel Peralta, que representa a imaxe da mitolóxica Lavandeira do Sil. Neste mesmo edificio atopamos os lapis da cultura que representan aos escritores Ánxel Fole, Eduardo Moreiras e Luz Pozo Garza.

Por debaixo da praza do Albergue Municipal, nas inmediacións do Centro de Educación Infantil e Primaria, pódese ver un muro cunha escala cromática que  chama a atención por ser unha composición xeométrica de vistosas cores. No Pavillón Municipal Abi Castillo, baixo o título de “Sororidade”, representou a dúas mulleres. Un mural que se realizou para conmemorar o día da Muller. Tras pasar o centro de saúde noutro dos murais, realizado polo quirogués José Luís Lemos, unhas flores enmarcan o título de “Bésame en esta esquina”.

Na praza España, realizado por Pablo López Sanjurjo, pode contemplarse un grafitti que representa á escritora galega Rosalía de Castro. Tras subir novamente ata a rúa Real achegarémonos ata o mural situado nas inmediacións da praza España. O realizado polo artista catalán Iván Floro, coa axuda da súa irmán Alejandra e que representa unha moza ás beiras da auga.

A ruta levaranos pola rúa Tallos e a rúa do Courel, onde está situado o museo Xeolóxico, ata a praza Maior onde nun lateral dun edificio da rúa Calvo Sotelo se atopa o mural de Germán González que representa unha alvariza na que non falta un oso merodeando para buscar mel.

Baixando novamente ata a rúa Real pola rúa Lago atopamos o mural que representa o Camiño de Inverno. O artista urbano Mon Devane está rematando o mural traballa nunha peregrina que representará e recordará esta ruta Xacobea e a importancia que ten dentro do noso municipio.

O último dos murais está no entronque da rúa Real coa rúa San Martiño de Abaixo. Trátase da obra do artista Joseba Muruzábal, da “súper avoa ” Erundina Macía Macía, que amosa o seu mellor sorriso cun acio de uvas brancas e unha tesoira de vendimar na man, e o carriño que sempre porta no seu día a día esta veciña de Quiroga.

Esta ruta de arte urbano da vila quiroguesa remata na Casa da Cultura onde tres lapis representan aos escritores Ernesto Guerra Dacal e as irmáns Pura e Dora Vázquez, todos eles escritores vinculados a Quiroga.

Tras a ruta sinalizada a través das dúas plataformas de internet agora o Concello de Quiroga traballa para realizar un folleto impreso que se poda entregar dende a oficina de turismo.

ÚLTIMAS

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...