HomeTerra de LemosMonforteO Escuadrón de Cabalería da Policía Nacional, drons e cans especializados chegan...

O Escuadrón de Cabalería da Policía Nacional, drons e cans especializados chegan a Monforte para retomar a busca de Misi

Publicado o

- Advertisement -

Os traballos de localizar ó veciño monfortino Carlos Yáñez retomaranse o vindeiro día 30 de agosto, a partir das 9 da mañá, no que participarán o Escuadrón de Cabalería e a Unidade Especial de Guías Caninos da Polícia Nacional, a Unidade de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), integrantes do parque comarcal de bombeiros de Monforte, persoal de Servizos á Cidadanía da cidade e axentes da Garda Civil e Policía Nacional -unidade que está traballando na súa localización dende o día que se deu aviso da súa desaparición; estos últimos, son os encargados de coordinar, en todo momento, este novo dispositivo, o que vai permitir chegar ás zonas de dificil acceso.

localizacións a rastraxar

Neste novo intento de atopar ó veciño desaparecido o pasado 4 de agosto, vaise percorrer o casco urbán de Monforte, Ribasaltas, As Barrioncas, As Lamas e as zonas de acceso ás parroquias do Chao do Fabeiro, Baamorto, Seoane e A Vide.

O motivo polo cal se elexiron as localizacións das parroquias lindantes a Monforte é porque se pretende inspeccionar as posibles rutas que Carlos Yáñez puido seguir dende a cidade ata as instalacións de Prodeme ó longo dun radio de preto de 3 quilómetros.

Desta volta non participarán os membros do Grupo Especial de Actividades Acuátivas (GEAS) dependente da Garda Civil como ocorreu o 18 de agosto por mor a que durante esa xornada xa se inspeccionaron as augas do río e do canal. Tampouco participará o helicóptero da Policía Nacional.

organización das batidas

Nas batidas organizadas para o 30 de agosto, os efectivos vanse organizar en 10 equipos para cubrir todo o territorio a inspeccionar. Cada un dos grupos organizados vanse encargar de peitear, exhaustivamente, os espazos delimitados e mencionados anteriormente.

Nesta nova oportunidade de obter novas sobre Carlos Yáñez, os cabalos, cans e drons que chegarán á cidade do Cabe, terán como función a de chegar ás zonas máis boscosas e de difícil acceso.

Aínda que esta é a segunda batida organizada de xeito oficial, compre lembrar co 16 de agosto, un grupo de veciños e de xeito voluntario, organizaron unha saída para poder dar co paradoiro de Misi pero o seu traballo resultou infructuoso.

 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...