HomesociedadeAplicación móbil de realidade aumentada para potenciar o turismo de Monforte

Aplicación móbil de realidade aumentada para potenciar o turismo de Monforte

O proxecto “Descobre Monforte no Camiño” é unha iniciativa promovida dende o Concello de Monforte para divulgar os recursos históricos e artísticos, relacionados co patrimonio material e inmaterial do Camiño de Inverno en Monforte a través da Realidade Aumentada e en 3D.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte é a primeira cidade da provincia de Lugo que conta cunha APP destas características, e das poucas de Galicia en desenvolver un proxecto deste tipo. O proxecto, contou cun orzamento de 27.261,60 €, dos que o Concello de Monforte aportou o 55%, 14.993,88 €, sendo o resto aportado a través do Programa O Teu Xacobeo.

O proxecto está baseado nunha aplicación para móbiles de Realidade Virtual Aumentada que se apoia nun itinerario con 7 localizacións de interese ubicadas ó longo da cidade de Monforte. En cada unha das 7 localizacións instalouse unha peana interpretativa onde se pode visualizar, a través da interacción co teléfono móbil, elementos construtivos e escenas baseadas no pasado medieval da cidade.

“Esta ruta polos puntos máis emblemáticos de Monforte, permítenos coñecer a nosa historia medieval no contexto do Camiño de Santiago e a impronta dos Lemos na nosa Historia e no noso patrimonio” destacou o Alcalde.

Para poder utilizar a información que recollen estes paneis, o Concello desenvolveu unha aplicación (APP) que se pode instalar de xeito gratuíto nos teléfonos móbiles, a través dun código QR ubicado na parte inferior esquerda de cada peana, e que permitirá visualizar os contidos e recursos turísticos volcados en cada ubicación.

“O narrador que nos acompañará en cada un destes puntos de interese será D. Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, e a súa narración será accesible para turistas estranxeiros ó poder gozala en 3 idiomas ou para persoas con discapacidade auditiva, ó contar con subtítulos” subliñou o rexedor monfortino.

Deste xeito, esta ruta en Realidade Aumentada representa unha nova forma, inmersiva e interactiva, de descubrir a nosa cidade desde os ollos do VII Conde de Lemos.

As peanas interpretativas ubícanse en:

  • Praza Doutor Goyanes, diante da Oficina do Peregrino: informa sobre a historia da Muralla e as Torres.
  • Ponte Vella, ubicada no descanso das escaleiras que baixan ao paseo fluvial a carón do río Cabe, por debaixo da rúa Hortas: explica a historia da Ponte Medieval.
  • Museo de Arte Sacro das Nais Clarisas, ubicada a carón da entrada de acceso: descubrirá ó visitante a historia do Convento e as obras que alberga o museo.
  • Porta da Alcazaba, situada na rúa Santo Domingo ó pé da porta: información sobre as Portas da cidade e acceso ó Monforte intramuros.
  • San Vicente do Pino, situada no lateral da igrexa no aparcamento: recreación do Conxunto de S. Vicente do Pino, a “Acrópole monfortina”.
  • Torre da Homenaxe, ubicada antes da entrada ó recinto da Torre: recreación histórica do seu interior e da magnitude visual do Val de Lemos.
  • Colexio Nosa Señora da Antiga,  á dereita das escaleiras que levan á praza da Compañía: nos descubrirá a grandiosidade dos Escolapios

Este proxecto contribúe ademais a potenciar o Camiño de Inverno, e engádese ós recursos que están dispoñibles na Oficina de Atención o Peregrino, “que vimos de inaugurar neste mes de setembro”. Neste senso o Alcalde aproveitou para destacar os bos datos rexistrados nesta oficina e que se traducen en 383 visitas en 13 días, cunha media de 30 persoas diarias, das cales 72 foron peregrinos, un 20% do total.

ÚLTIMAS

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...

Preséntase o cartel da XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que se celebrará do 9 ao 11 de maio

O cartel destaca as tres ribeiras de Pantón, a do Miño, a do Sil...