HomesociedadeO Courel protagonista dos premios á excelencia do turismo e a hostalería...

O Courel protagonista dos premios á excelencia do turismo e a hostalería de Lugo

Pilar García Porto presidiu a gala de entrega destes galardóns, que na súa segunda edición, recoñeceron ao Xeoparque Mundial Montañas do Courel; a web Terras de Burón; Viveiro ante o Berce; a Aldea de Turismo Rural O Mazo, no Courel, e ASOPORCEL.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As cinco entidades premiadas recibiron un diploma e unha peza de cerámica de Gundivós, que acreditan este recoñecemento realizado dende o Consello Provincial de Turismo, un órgano consultivo e de participación para favorecer a gobernanza turística da provincia, promovido pola Deputación de Lugo.

Estes galardóns “dan visibilidade á oferta da provincia nos eidos do turismo e da gastronomía. Unha proxección que ten por obxecto atraer visitantes, xerar riqueza e fomentar o emprego, sobre todo o emprego estable e de calidade no rural, para favorecer o equilibrio territorial e fixar poboación. Tamén queren servir como un acicate para incentivar a innovación e a modernización do sector. Que se xeren propostas novas, suxerentes, adaptadas ós novos tempos nos que unha oferta ben presentada a través dunha rede social pode ser a que xere un fluxo de visitas a un pobo, a unha ruta, a un establecemento”, explicou a Deputada.

“O perfil das candidaturas reflexa ben as características do modelo turístico e gastronómico polo que traballamos na provincia. Un turismo sostible e racional que contribúe a mover a economía local e xerar emprego no rural. Un modelo baseado nunha oferta diversificada, capaz de atraer xente ao longo do ano, e unha oferta non masificada, que se adapta moi ben ós novos modelos de ocio, centrados en recuperar a importancia da experiencia persoal”, sinalou a Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo. García Porto agradeceu “o gran traballo” dos premiados, “que contribúe a dar a coñecer esta provincia máis alá das súas fronteiras”.

Os premiados no sur de Lugo

Na categoría Lugo Cambia ao turismo lucense:

– O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel resultou distinguido polo seu proxecto baseado no patrimonio xeolóxico de relevancia internacional, a posta en marcha de iniciativas de xeoconservación e divulgación, e o impulso do desenvolvemento económico e cultural a través do turismo xeolóxico. Foi declarado en 2019 pola UNESCO o primeiro Xeoparque do noroeste da Península. Conta con 23 miradoiros, cinco museos e centros de interpretación e 189 quilómetros de sendeiros, que permiten descubrir a singular xeoloxía e a biodiversidade, onde convive o ser humano dende a prehistoria.

– A Aldea de Turismo Rural O Mazo, no Courel, foi distinguida co premio ao turismo lucense por desenvolver iniciativas singulares en Galicia tras a recuperación dun espazo de turismo rural de 2 hectáreas de terreo e de infraestruturas que estaban abandonadas. Trátase dun proxecto que naceu hai unha década co obxectivo de recuperar a súa historia respectando as construcións do século XIX sen renunciar á modernidade e ás novas tecnoloxías.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...