HomesociedadeSarria no centro do debate xurídico nacional

Sarria no centro do debate xurídico nacional

As Xornadas Xurídicas de Sarria, que se retoman neste 2021 tras suspenderse o pasado ano debido á pandemia, celébranse entre este venres e mañá na Casa da Cultura da localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas pódense seguir en directo a través de YouTube grazas á retransmisión realizada polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, no marco da colaboración que a institución ten con esta prestixiosa cita. Nesta XV edición as xornadas céntranse na Igualdade de Xénero no Ámbito Xurídico.

Na inauguración o presidente da Deputación, José Tomé, destacou o apoio que a Deputación prestou dende o seu inicio á organización destas xornadas, “que se consolidaron como unha cita clásica dentro do análise e do estudo do Dereito, tanto nos seus aspectos teóricos, como na súa aplicación práctica”, e que “colocan a Sarria e á provincia de Lugo no centro do debate xurídico nacional por uns días”. “Un debate”, engadiu o Presidente, “que reúne a persoeiros de primeiro nivel e que camiñou sempre da man da actualidade e marcado por unha firme vocación de utilidade social, como ben demostra a temática deste ano, a igualdade de xénero no ámbito xurídico. Os crimes por violencia de xénero, a situación das vítimas, o desgarro familiar que se xera ou a situación dos menores afectados por esta lacra son cuestións que se van abordar neste encontro e que, por desgraza, son parte do noso tempo”.

Na súa quenda de intervención, o Presidente realizou varias reflexións arredor da configuración do Ordenamento Xurídico como froito “dun diálogo continuado entre a sociedade, os seus representantes políticos e o conxunto da xudicatura”. “Un diálogo que debe orientarse coa mesma filosofía que preside estas xornadas, pois, sen dúbida, as mesas redondas e conferencias que se van celebrar estarán marcadas, coma sempre, polo uso da razón, o estudo e a intelixencia analítica, pero non é menos certo que todas comparte unha mesma paixón, a de contribuír a unha sociedade máis xusta, informada, e que garanta os dereitos de toda a cidadanía, homes e mulleres, por igual”.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...