HomeDeportesO Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura sae de Monforte

O Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura sae de Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, deu este sábado na Praza da Compañía de Monforte de Lemos á saída do Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura, co que colabora a institución provincial cunha achega de 60.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proba, que é a segunda vez que ten lugar en España despois de que Castela e León a acollera no ano 2010, arrancou este mediodía na cidade do Cabe e percorrerá, ata o día 9, unha vintena de concellos lucenses e as provincias de Ourense e A Coruña.

A Gallaecia-AR World Championship 2021 bate esta edición récord de participación, con preto de 100 equipos inscritos e máis de 400 participantes de 24 países, que completarán un trazado de 620 quilómetros combinando etapas de kayak, bicicleta de montaña ou trekking.

O mandatario provincial subliñou que, a curto prazo, a celebración da carreira terá un impacto económico directo na provincia estimado pola organización en máis de 200.000€, pola presenza de 600 persoas -entre os participantes e os equipos de apoio, “o que, sen dúbida, incentivará o consumo na hostalería e no comercio local”.

A repercusión a longo prazo en termos de promoción “tamén será de primeiro nivel”, recalcou José Tomé, tendo en conta que a audiencia prevista deste campionato será de máis de 7,5 millóns de persoas, “que van ver a nosa paisaxe e patrimonio a través dos medios de comunicación e das redes sociais”.

O campionato reúne aos 11 dos 12 primeiros clasificados mundiais das Adventure Racing World Series (ARWS) 2021 entre os 100 participantes, unha cifra récord na historia das carreiras de aventura. Os franceses 400 Team Naturex, primeiros na clasificación, Lozere Team2Raid (9) e Hoka One One (12), os ecuatorianos Movistar-Terra Aventura (2) e Life Adventureteam Imptek (7), o español Torpedo-Vidaraid (3), os suecos ARSweden (4) e Swedish Armed Forces Adventure Team (SAFAT) (11), o Estonia Ace (5), o ruso Blizzard (8) e o  checo Black Hill-Salomon (10) son os 11 dos 12 primeiros clasificados das ARWS 2021.

Esta proba outorga o título de campión do mundo entre os 24 países participantes: España (36 equipos), Francia (14), Suecia (8), Estados Unidos (6), Gran Bretaña (5), Polonia (4), Dinamarca, Colombia (3), Ecuador, Estonia, Finlandia, República Checa e Rusia (2), Alemaña, Bélxica, Brasil, Croacia, Guatemala, Irlanda, Israel, Italia, Letonia, México e Países Baixos (1). Con esta cifra, o Raid Gallaecia supera o récord  de participantes na historia das carreiras de aventura. A plusmarca establecérase no XPD Australia en 2016, cando competiron 94 cuartetos.

ÚLTIMAS

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...