HomesociedadeA Policía Nacional celebra o seu día

A Policía Nacional celebra o seu día

Nos actos litúrxicos e institucionais participaron a Inspectora Xefa da Comisaría de Policía, Mª Mónica Gutiérrez González, a Xuíza Decana dos Xulgados de Instrucción de Monforte, Mónica Ferreiro Quintás e o alcalde, José Tomé Roca, encargados de presidir os actos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Asistiron tamén o fiscal dos Xuzgados de Monforte, o Capitán da Garda Civil, o Xefe do Destacamento de Tráfico, o Xefe da Policía Local, o Xefe de bombeiros, a Xerente do Hospital Comarcal, o ex-Xefe da Comisaría de Monforte, así como inspectores, subinspectores, funcionarios de xestión, e inspectores xefe xubilados. Polo Concello monfortino tamén acudiron a Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, así como o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada.

Os actos deron comezo ás 12.00 horas, coa celebración litúrxica da festividade dos Santos Anxos Custodios na igrexa da Régoa, na que o Alcalde e a Inspectora Xefa da Comisaría de Monforte fixeron unha ofrenda ós caídos mediante a colocación dunha coroa de loureiro ó Santo Anxo.

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acolleu o acto institucional, no que foron impostas condecoracións a diversos funcionarios e entregáronse diplomas de recoñecemento e de colaboración institucional a diversos organismos. Impúxose a Cruz do Mérito Policial con Distintivo Branco ós Policías Manuel Rivera Pérez, Francisco Javier Iglesias Cid, Pablo Morales Díaz e Luis Álvarez Álvarez.

O Alcalde tamén entregou o diploma ó Hospital Comarcal de Monforte, que foi recollido pola súa Xerente, Inmaculada Ramos, “pola encomiable labor de todos os sanitarios con ocasión da crise sanitaria e o apoio incondicional demostrado por este Hospital”.

A Policía Local de Monforte, representada polo seu xefe Miguel Martínez, tamé veu recoñecida a súa labor “pola exemplaridade e profesionalidade demostradas, así como pola súa gran vontade de cooperación e coordinación, coas actividades operativas da Comisaría Nacional de Policía en Monforte”.

Os Servizos Sociais do Concello de Monforte tamén foron homenaxeados, pola súa contribución á seguridade e colaboración na protección dos máis vulnerables, especialmente daqueles menores en situación de risco. O diploma foi recollido pola psicóloga deste departamento, Belén López Somoza.

O Alcalde pechou o acto cunha intervención na que destacou “a inestimable labor deste corpo de Policía no día a día da nosa cidade, que sen dúbida, é unha labor decisiva para garantir a seguridade e a boa convivencia da nosa sociedade”.

Neste senso, incidiu o Alcalde, “a cooperación existente entre os axentes e mandos da Policía Nacional e da Policía Municipal de Monforte, quero salientar que é unha cooperación estreita, solidaria e moi eficaz, polo que quero reiterar o noso agradecemento dende o Concello por este bo facer, e desexar que esta colaboración siga sendo exemplar”.

Tomé Roca tamén recoñeceu “a exemplar labor desenvolta polo Corpo Nacional de Policía de Monforte dende o inicio da pandemia da Covid-19, igual que a Policía Municipal, unha labor que ás veces non se valora o suficiente, pero que foi e é esencial para que a nosa sociedade poida seguir adiante, sentíndose segura e protexida”.

O mandatario monfortino concluíu desexando que as condicións na prestación do servizo sexan as mellores posibles, e recordou que “fixen todo o posible para que Monforte teña unha Comisaría que se merece, o edificio xa está cedido, agora depende da Dirección Xeral da Policía Nacional a realización das obras necesarias para facer realidade o desexo de todos”.

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...