HomeCultura"A memoria do son" na casa da cultura de Monforte

“A memoria do son” na casa da cultura de Monforte

A exposición, con propostas interactivas e materiais lúdicos, poderá verse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ata o 25 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra “A memoria do son” con fondos instrumentais e do arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad), pretende dar a coñecer pezas únicas que se poñen a disposición do público grazas aos traballos de investigación e recuperación desenvolvidos desde o centro provincial a partir da iconografía medieval

No seu paso polo Museo da Catedral de Compostela e polo Antigo Cárcere de Sarria, a mostra recibiu máis de 55.000 visitantes. A exposición está concibida para ampliar o coñecemento do patrimonio musical, incluíndo unha giga, unha rota, unha cítola, unha viola de perna, unha viola de brazo, unha zanfona e un organistro, construídos a partir de representacións escultóricas destes instrumentos en lugares emblemáticos como o Pórtico da Gloria ou o Pazo de Xelmírez, ou dos datos recollidos en documentos literarios e históricos.

Os fondos instrumentais complétanse con melodías accesibles, a través de códigos QR, proporcionando a oportunidade de escoitar o son de cada un deles. Tamén inclúe propostas interactivas, como unha salterio no que as persoas visitantes poderán interpretar melodías de cantigas de Afondo X e  Martín Códax. De cara ao público máis novo, ofrécense dous pasatempos -un crebacabezas e un encrucillado-  que incorporan os contidos da exposición de forma lúcida.

No acto de presentación, o deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, puxo de relevo “a grande proxección dunha mostra itinerante que pasará por varios destinos da provincia despois da súa inauguración en Compostela, lugar onde a colección e o traballo do Centrad foi recoñecido internacionalmente”. Neste senso, augurou “unha grande aceptación nun lugar como Monforte, achegando á veciñanza pezas únicas que integran un traballo documental de investigación cunha clara vontade divulgadora e didáctica, que sitúa ao Centro de Artesanía unha vez máis como un referente no estudo e reprodución de instrumentos medievais”.

Pola súa banda, o director da Colección de Instrumentos Musicais do Centrad e comisario do proxecto “A memoria do son”, Luciano Pérez, incidiu na democratización da cultura e desta mostra en concreto, “accesible a todo tipo de públicos: non especialista, universitario, músicos, artesáns e investigadores. Ás persoas docentes permítelles traballar diferentes competencias, desenvolvendo a un tempo valores e sentimentos de pertenza, e ao alumnado proporciónalle unha serie de ferramentas moi útiles desde primaria ata a universidade, espertando, por outra parte, o pequeno investigador que todos levamos dentro”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...