HomeCulturaO Eirado das Letras, animación sociocultural para maiores en Sober

O Eirado das Letras, animación sociocultural para maiores en Sober

O prazo para inscribirse está aberto ata o 13 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober lanza este outono o programa de animación sociocultural ‘O Eirado das Letras’ dirixido a persoas maiores de 55 anos. A idea é continuar coa actividade do Club de Lectura Pintor de Castinande sumando novas actividades como a estimulación cognitiva, as relacionadas co mundo dixital, actividades lúdicas ou excursións, entre outras.

Trátase de crear un espazo de encontro, participación e intercambio de opinións e experiencias. A actividade comezará o martes 19 de outubro e terá lugar todos os martes ás 18:00 horas na Biblioteca Pública Municipal.

Ademais desta actividade, concertos, teatro, documentais, presentacións de libros e outras actividades conforman a programación cultural de outono do Concello de Sober. O primeiro dos actos será a presentación do libro de Moncha Prieto ‘Alma de Barro’ o 15 de novembro.

O acto terá lugar no salón de actos do centro sociocultural de Sober ás 19:00h. Xunto coa a autora do libro estará Luis Fernández Guitián, Alcalde de Sober, Francisco Alonso Villaverde, Director Editorial de Edicións Xerais de Galicia e actuando como moderador o radiofonista J. Luis Osorio. Haberá un acompañamento musical a cargo do grupo Os Parentes.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...