Homesociedade28 proxectos cun investimento de máis de 1.500.000€ saen adiante co GDR...

28 proxectos cun investimento de máis de 1.500.000€ saen adiante co GDR Ribeira Sacra Courel

A Xunta Directiva do GDR Ribeira Sacra Courel, como entidade colaboradora da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia na xestión do programa Leader, resolve a QUINTA concesión de axudas do programa Leader 14-20 que está a xestionar nos 13 concellos que o integran (Bóveda, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, As Nogais, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, O Saviñao , Sober e Triacastela)

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O GDR Ribeira Sacra Courel concede novas axudas a un total de 28 proxectos, que suporán un investimento total de 1.590.344,55 € e recibiran axudas Leader por un importe total de 735.844,47 €.

Dez son proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas, que investirán 178.885,41 € e recibirán 138.864,00 € de axudas Leader. Dous son proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas, que investirán 22.268,87 € e recibirán 15.940,00 € de axudas Leader. Dezaseis proxectos produtivos, que investirán 1.389.190,27 € e recibirán un total de 581.040,47 €.

Estes proxectos empresariais contribuirán á creación de 17 novos postos de traballo e á consolidación de 40,06 postos de traballo existentes.


O total acumulado nas convocatorias de axuda do 2017, 2018, 2019, 2020 e agora 2021 son 143 proxectos aprobados, cun investimento total de 8.189.465,40 € que recibiron un total de axudas Leader por importe de 3.985.346,66 €. O desglose acumulado no período 17-21 segundo tipoloxía de proxectos é o seguinte:

  • 56 proxectos non produtivos promovidos por entidades públicas cun investimento de 1.584.209,01 € que reciben 1.154.000,84 € de axudas Leader.
  • 16 proxectos non produtivos promovidos por entidades privadas, cun investimento de 131.052,96 € e unha achega de fondos leader por importe de 87.385,30 €.
  • 71 proxectos produtivos, cun investimento total de 6.474.203,43 € e unha achega de fondos Leader de 2.743.960,33 €.

Estes proxectos empresariais contribuirían á creación de 60 novos postos de traballo, dos cales o 43% se corresponden a mulleres, e á consolidación de 286,99 postos de traballos existentes.







ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...