HomePolítica"Imos ser a voz de Monforte no Parlamento”, afirma Pontón nunha visita...

“Imos ser a voz de Monforte no Parlamento”, afirma Pontón nunha visita á cidade

A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou na súa visita aos concellos de Monforte de Lemos e da Pobra do Brollón que o BNG vai presentar emendas ós orzamentos 2022 para mellorar os investimentos no concello e na comarca, facendo fincapé naquelas propostas que permitan reforzar os servizos públicos como a sanidade, apoiando os sectores produtivos e á instalación de empresas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG sinalou, tras a súa visita ao centro do viño e á sede da D.O. Ribeira Sacra, que as contas públicas que presenta o Goberno son “un retrato de como seguen pendentes, ano tras ano, infraestruturas e servizos longamente esperados pola veciñanza de Monforte pero sen que se fagan realidade e iso ten un custe moi alto porque se perden oportunidades: oportunidades de asentar empresas, oportunidades de xerar emprego de calidade, oportunidades para revitalizar socialmente o concello, oportunidades para frear a sangría de xente moza que marcha e oportunidades que se perden para impulsar os sectores produtivos”.

Pontón foi crítica cos incumprimentos con Monforte e comarca por parte do Executivo galego, en particular en infraestruturas como o Porto Seco, plataforma loxística de 54.000 metros cadrados, que sete anos despois da súa finalización aínda non conta con ningunha empresa instalada. “Tras un investimento de 20 millóns de euros o Goberno de Fexióo non foi capaz de facer os deberes para converter o Porto Seco nun polo de atracción económica, nin tan sequera se teñen concluídas as conexións coa N-120.”

En materia de servizos públicos, considera Pontón que tamén hai unha débeda con Monforte, referiuse en concreto á sanidade, “cun plan de mellora do Hospital de Monforte anunciado en 2019 que prevía un investimento de 15 M€ até 2024, pero que apenas está dando os primeiros pasos, cunha execución do 10% da contía anunciada e tendo en conta que nos orzamentos de 2022 a partida consignada é de 700.000 €.”

Segundo a nacionalista, a este ritmo de investimento a veciñanza de Monforte deberá esperar 17 anos máis do para ver completado o plan de mellora do hospital comarcal no 2040″. Tamén avanzou que o BNG demandará na Cámara a contratación de especialistas e a dotación dunha UCI para o centro hospitalario.

No ámbito económico, a portavoz do Bloque destacou a puxanza do sector vitivinícola grazas á calidade dos caldos da denominada viticultura heroica, e tamén abordou a importancia para Monforte e comarca de promover un “turismo sustentable”, respectuoso co inmenso e valiosísimo patrimonio natural da Ribeira Sacra. Neste sentido lembrou que o “contundente” informe de ICOMOS debe servir como reflexión sobre o modelo turístico que se debe impulsar para que sexa sustentable e de calidade.

“Servizos de calidade e políticas que se traduzan en creación de emprego son as mellores ferramentas para frear a perda de poboación da Galiza interior”, concluíu Pontón na súa visita, que rematou cunha xuntanza na Pobra do Brollón co rexedor local.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...