HomesociedadeInstálase á altura do Corgo un sistema piloto para a contención da...

Instálase á altura do Corgo un sistema piloto para a contención da fauna nas estradas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade instala o novo peche de seguridade na vía de altas prestacións Lugo-Monforte (CG-2.2) ao seu paso polo Corgo, un modelo piloto de contención da fauna que se ensaiará simultaneamente neste tramo e na AG-64, en Narón. Conta cun orzamento conxunto de preto de 353.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos entran na recta final coa colocación dunha malla de 1,5 metros de altura libre sobre o terreo para evitar a entrada de animais domésticos e fauna salvaxe. Ademais, a actuación recolle a adaptación do chan cunha tensión de valla superior aos 1.000 quilos de arrastre para a contención dos xabarís.

As obras desenvólvense no tramo que vai do punto quilométrico 9 ao 11 e estarán rematadas no prazo aproximado de dous meses. Nos ramais de enlace -onde se interrompe o valado de malla- colócanse pasos antifauna que disuadan aos animais de acceder á vía, e para facilitar a saída daqueles que consigan entrar habilítanse rampas que permitan saltar ao exterior.

O delegado territorial sinalou que esta iniciativa enmárcase nas medidas específicas que está a poñer en marcha a Consellería de Infraestruturas para evitar os accidentes causados pola irrupción do xabaril nas estradas. Neste sentido, subliñou que a autovía Nadela-Sarria, cuxa primeira fase se executa entre A Pobra de San Xiao e Sarria, tamén contará con valla reforzada en ambos os lados para reducir estes sinistros.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...