HomeCulturaA longa documental "Negro púrpura" este xoves na Pobra do Brollón

A longa documental “Negro púrpura” este xoves na Pobra do Brollón

Este xoves, 28 de outubro, proxéctase na Pobra do Brollón o filme documental Negro púrpura, unha produción de Illa Bufarda. A cita será ás 20.15 na Casa da Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Na Pobra do Brollón programamos audiovisual en galego para ofrecer alternativas de lecer cultural tamén no rural,” comenta Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón. “Á vez apoiamos propostas do sector audiovisual en Galicia tan interesantes como Negro Púrpura.

Dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, estreouse en cines hai tan só un mes. Negro Púrpura retrata a Galicia do século vinte a través do cláviceps purpúrea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan sorprendente e descoñecida como importante no devir da cultura galega e da economía dunha época.

Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conecta a Galicia co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD.

É necesaria reserva no teléfono 650 624 828, preferiblemente por WhatsApp.

ÚLTIMAS

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...