HomesociedadeLavado de cara para o colexio de Pantón

Lavado de cara para o colexio de Pantón

O CEIP Monte Baliño de Pantón comezará o curso cun novo ascensor e novas ventás.

Publicado o

- Advertisement -

As obras financiadas con 63.000 euros pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíron tamén outras actuacións de mellora da accesibilidade e da eficiencia enerxética no centro.

Para a montaxe do ascensor modificouse a distribución interior tanto na planta baixa como na primeira. Esta dotación mellorará a accesibilidade do centro e dará solución ás necesidades de persoas con mobilidade reducida.

En canto ás ventás completouse a súa renovación, actuando no primeiro andar, despois de que en anos anteriores se actuara na planta baixa. Desde o 2009 véñense facendo obras de mellora neste centro no que a Administración galega leva investidos case 400.000. Entre as obras realizadas con anterioridade destacan a cuberta da pista exterior, a reforma dos aseos, varias actuacións de melloras eléctricas e de accesibilidade e a substitución de canlóns.

O obxectivo deste tipo de melloras segundo o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, é apostar por unha educación pública de calidade con colexios que se atopen nas mellores condicións. Na súa visita ao centro, Balseiro estivo acompañado polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...