HomeDeportesA Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro puxo en valor o ritmo de execución das axudas directas a clubs.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025: 53 xustificáronse e ingresáronse ás entidades beneficiarias, mentras as dúas restantes se atopan en trámite de xustificación, dentro do prazo establecido.

A área provincial tramitou 17 subvencións excepcionais -solicitadas e consignadas ao longo do ano – das que 14 se pagaron e 3 figuran en trámite de xustificación, tamén dentro do prazo establecido.

No tocante ao 2026, Deportes tramitou 59 das 60 subvencións nominativas que figuran no Orzamento e atendeu 21 solicitudes de anticipo de pago, un procedemento que se realiza a demanda das entidades beneficiarias e que permite adiantarlles unha parte do importe concedido.

O vicepresidente, Efrén Castro, lembrou que “a Deputación inviste 3,2 millóns de euros en axudas directas a deportistas e clubs profesionais e de base da provincia” e emprazou ao Partido Popular “a poñer enriba da mesa os datos de axudas directas a clubs por parte da Xunta de Galicia”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...