HomeCulturaLecturas de poesía na librería Pelayo de Monforte

Lecturas de poesía na librería Pelayo de Monforte

Esta actividade está encadrada nun ciclo cultural que ten como obxectivo a promoción do galego e da poesía. As vindeiras lecturas serán o sábado 30 de outubro e o 6 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Librería Pelayo de Monforte non deixa de organizar eventos e actividades a prol do galego e da actividade literaria. Unha das actuais iniciativas consiste en facer lecturas de textos poéticos en galego que tamén serven para dar a coñecer os 6 poemarios en galego xa publicados por Peruchela Edicións.

A vindeira actividade, a realizar este sábado 30 de outubro, consitirá en dar a coñecer o poemario de Urbano Arza Sánchez, “Maderoteca”. Entre as 10:00 e as 11:30 h. virá a xente que queira participar das lecturas, que despois se retransmitirán en diferido nas redes sociais da librería. “Xa hai xente anotada pero aínda poden vir máis”, di Rocío Rodríguez, emprendedora e xerente de Librería Pelayo.

Segundo ela, o obxectivo principal desta iniciativa é “promocionar a fala e a escrita en galego, e de paso tamén dar a coñecer os poemarios que leva publicados Peruchela Edicións no labor de dar a coñecer o talento local”.

Estas actividades son posibles grazas a achegas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

Se alguén aínda se quere anotar pode facelo chamando aos teléfonos 982 404442 ou 675038728.

O vindeiro 6 de novembro será a seguinte “lectura outoniza de poesía”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...