HomeCultura"O territorio de Galicia: 60 anos de crise", este xoves na Pobra...

“O territorio de Galicia: 60 anos de crise”, este xoves na Pobra do Brollón

A casa da cultura da Pobra do Brollón acolle este xoves, 4 de novembro, a partir das 20.15 horas, unha charla do profesor da USC, Antonio de Vega Rodríguez. A actividade está aberta aos interesados ata completar aforo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Partindo da consideración de que o territorio é unha construción social que nestas terras ten o seu inicio hai aproximadamente 8.000 anos, houbo períodos nos que esta construción, esta transformación do medio físico foi
previsible, foi “normal”.

Dende que Galicia conta con entidade político-administrativa, o Reino de Galicia, s.X, ate mediados do s.XX, pode considerarse que se rexeu por esta normalidade, o que por outra banda significa unha anormalidade, xa que a 1ª Revolución Industrial, segunda metade do século XVII e a 2ª RI, último cuarto do s.XIX, non tiveron implantación neste territorio, permanecendo ate ben entrado o s.XX como un “antigo complexo agrario”, alleo á evolución do seu contexto cultural.

A partir de mediados do s.XX ata o presente, o “atraso económico” de Galicia comeza a súa converxencia co entorno no que se insire: Europa, sucedéndose nun período de tempo relativamente curto, 50-60 anos, un cúmulo de transformacións, derivadas de novos paradigmas, que supoñen cambios substanciais na sociedade, que teñen a súa expresión na conformación “anatómica” do territorio. Novos usos, novas ferramentas, e por si non fora suficiente, o paradigma da globalización, que dilúe fronteiras, unifica culturas e borra as diferenzas entre o rural e o urbano, mundos claramente diferenciados nese territorio tradicional que comeza a súa disolución a partir dos anos 50 do pasado século.

Estes cambios maniféstanse en tódolos niveis e a tódalas escalas, desde un nivel planetario, ata o nivel máis capilar de calquera concello como pode ser A Pobra do Brollón, pequeno ámbito do que farase unha breve análise de como se ve afectado por estas circunstancias. Estas últimas décadas supuxeron o paso dunha economía precapitalista, con economías de subsistencia, onde o territorio foi esencialmente autoconstruído, a un territorio que con maior ou menor grao de éxito, se pretende
“planificado”, é dicir, un territorio que depende esencialmente de decisións políticas. “Este é o escenario que nos toca vivir e xestionar como sociedade.”

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...