HomesociedadeAdif adxudica a rehabilitación de dúas trincheiras na liña Monforte-Vigo

Adif adxudica a rehabilitación de dúas trincheiras na liña Monforte-Vigo

Adif aprobou a adxudicación dun contrato para a rehabilitación de tres trincheiras na rede ferroviaria galega de ancho convencional, dous delas na liña Monforte de Lemos-Vigo e unha terceira na liña Guillarei-fronteira portuguesa. O contrato, adxudicado á empresa Contratas Vilor, por un importe de 1.614.944,65 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O contrato comprende o reforzo e reparación das tres trincheiras ferroviarias co obxectivo de mellorar as súas condicións de conservación e durabilidade. Na liña Monforte de Lemos-Vigo serán obxecto de reparación dúas trincheiras, localizadas nos seguintes puntos quilométricos (pp. kk.): – 51/030 ao 51/130 (termo municipal de Ourense): realizarase un saneo do noiro, retirada de bloques soltos, limpeza de cunetas, reaxuste da malla de cable, así como a súa reparación e substitución nos casos necesarios, e aumento do bulonado, con malla regular de 3×3 m e bulones de 4 m de lonxitude. – 68/100 ao 68/300 (Ribadavia): executarase un retaluzado para garantir a súa estabilidade e dispoñeranse novos sistemas de drenaxe para reconducir as augas superficiais.

Pola súa banda, na liña Guillarei-fronteira portuguesa, repararase a trincheira entre os pp. kk. 4/172 e 4/703 (Tui). Empregarase un sostemento mediante claveteado de chans (técnica coñecida como ‘ soil nailing’). Dispoñeranse bulones pasivos nunha malla e reforzarase cunha capa de mallazo electrosoldado e armaduras de reforzo nos bulones.

Estes traballos contribúen á consecución do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 9, que ten entre as súas metas desenvolver infraestruturas fiables, sostibles e de calidade.

Esta actuación de mellora enmárcase dentro da potenciación do Corredor Atlántico, que inclúe a conexión ferroviaria con Galicia a través do eixo A Coruña-Vigo-Ourense-León. O obxectivo final destas actuacións é aumentar a capacidade e fiabilidade da rede ferroviaria para incrementar os tráficos tanto de pasaxeiros como de mercadorías, mellorando a calidade do servizo. Ademais das actuacións orientadas a modernizar a rede, o Corredor Atlántico inclúe as conexións ferroportuarias e outras instalacións loxísticas.

ÚLTIMAS

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...