HomePolíticaCandia fai campaña e respalda ao alcalde no concello do Incio

Candia fai campaña e respalda ao alcalde no concello do Incio

A presidenta provincial do PP, a deputada autonómica Elena Candia, participou nunha reunión con veciños de O Incio, na que o alcalde, Héctor Corujo, explicou as grandes liñas da xestión levada a cabo polo seu goberno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Candia puxo a Corujo como exemplo de cara ao que debe ser o traballo dos populares para incrementar o número de alcaldías nas próximas eleccións locais, e, desta maneira, recuperar tamén o goberno da Deputación.

A presidenta provincial dos populares destacou que Héctor Corujo recuperou a alcaldía do Incio. Dende o principio do mandato, sinalou Candia, levou a cabo o traballo necesario para cumprir os compromisos adquiridos cos veciños. Igualmente indicou que os resultados demostran que o goberno presidido por Corujo efectúa unha xestión eficiente e responsable.

Elena Candia lembrou que a dirección provincial do PP mantén unha estreita relación con todos os alcaldes e portavoces populares e directamente cos lucenses. O obxectivo é estar sempre preto dos cidadáns para buscar con eles as mellores solucións aos problemas aos que teñen que facer fronte.

O alcalde, pola súa parte, relatou algúns dos principais logros conseguidos na xestión do Concello. Entre eles, fixo referencia á aprobación do PXOM, navegabilidade de Vilasouto, a creación da ruta circular do embalse, así como á declaración de Trascastro como aldea modelo.

Corujo citou tamén a participación do Incio no plan da Xunta de Galicia para a recuperación de soutos, así como a declaración como BIC da igrexa de Cruz do Incio. Na relación de logros tamén figuran a Casa Niño e a Casa do Maior, ademais da reparación da palloza do Val do Mao.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...