HomeCultura"A voz do silencio", este sábado en Sober

“A voz do silencio”, este sábado en Sober

A actuación, que programan o concello de Sober e as Xuventudes Musicais de Sober, forma parte do ciclo Música no Outono. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A soprano, Mireia Tarragó, e a pianista, Carmen Santamaría, presentan o sábado en Sober o seu espectáculo ‘A voz do silencio’. Ao longo da historia, a muller foi en diversas ocasións  subestimada en prol da figura masculina, a mercé da vontade do pai ou baixo a sombra do marido ou irmán. Para romper con este estigma, as dúas músicas pretenden dar igualdade a unhas e outras, con cancións compostas por mulleres tomando poemas de homes, homes que compuxeron tomando poemas de mulleres, e homes inspirados en personaxes femininos de diferente índole.

A súa insignia é a difusión e equiparación da presenza feminina no panorama artístico actual. Engaden unha particularidade máis a esta proposta. Unha compositora e un compositor que sufriron a persecución e o horror nazi. Aos dous arrebatóuselles a vida e a voz…  Viktor  Ullmann e  Ilse  Weber, dous prisioneiros no campo de concentración de  Theresianstadt, ambos asasinados en Auschwitz. Con este concerto queren volver dar voz a artistas que, por un ou outro motivo, foron silenciadas.

As músicas

Comezan a súa traxectoria como dúo en 2016, sendo ambas as alumnas da ESMUC co profesor Francisco Poyato. Actúan en Artte, MNAC e Goethe  Insitut. En 2019 retoman a súa actividade como dúo actuando en Castro Urdiales e Santander dentro do proxecto ao redor da figura do compositor cántabro Arturo Dúo Vital da artista visual Inés García “Seis cancións populares montañesas”. A partir deste proxecto nace o seu primeiro disco da integral das obras do compositor “Arturo Dúo Vital, unha voz en branco e negro” estreando en xaneiro de 2021. En decembro de 2019 foron seleccionadas para participar no concurso internacional de París “Nadia  et  Lili  Boulanger”. Tamén participaron xuntas no concurso O Primeiro Palau de Barcelona, no cal foron galardoadas.

ÚLTIMAS

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...