HomesociedadeEn marcha "Destino Courel", novo xeodestino en catro concellos da montaña

En marcha “Destino Courel”, novo xeodestino en catro concellos da montaña

“Destino Courel” é unha iniciativa creada pola asociación GDR Ribeira Sacra-Courel que se definiu no ano 2020 como a marca do xeodestino O Courel, que abarca aos concellos de Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta proposta supón unha nova a aposta polo desenvolvemento do sector
turístico no Destino Courel, no que se deseñaron actuacións configuradas por diferentes accións, enfocadas a un mesmo obxectivo: o desenvolvemento do turismo gastronómico e sustentable no xeodestino Courel.

Entre as accións que se levan a cabo, este xoves presentouse en Triacastela o Obradoiro de Emprendemento “Destino Courel” que se desenvolveu ao longo de toda a xornada.

Coa premisa de impulsar proxectos sustentables e nesta aposta do destino por este tipo de talento ofrecéuselles aos emprendedores e
produtores locais do Courel, O Incio, Triacastela e Samos, ampliar a súa formación sobre o mundo da castaña e o mel. Esta formación estivo dirixida principalmente a negocios de restauración, obradoiros de pastalería e confituras, produtores de experiencias turísticas, produtores de mel, artesáns, comerciantes, etc.

O día 25 de novembro en Folgoso do Courel desenvolverase unha Xornada de Creación de Experiencias Turísticas. Búscase apostar polo local a través dunha oferta ben diferenciada que axude á zona para posicionarse nun mercado cada vez máis competitivo pero tamén cada día máis colaborativo.

Xa o 1 de decembro presentarase en Folgoso do Courel o Club de Produto Turístico Gastronómico da Castaña e do Mel, trátase da integración de recursos turísticos e gastronómicos baixo o denominador
común de ofrecer garantía de calidade, revalorización, promoción e mellora da zona, facilitando a comercialización conxunta e impulsando o desenvolvemento económico e social do Courel.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...