HomePolíticaA N-120 e a N-540 centran as emendas do BNG no sur...

A N-120 e a N-540 centran as emendas do BNG no sur de Lugo ós orzamentos do Estado

Outra das iniciativas é a recuperación das antigas vías de comunicación fluviais entre os concellos da ribeira, como método de fixación de poboación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Deputado do BNG no Parlamento do Estado, Néstor Rego, presentou unha serie de emendas trasladadas dende os diferentes concellos da Comarca de Lugo sur.

Entre as emendas figuran o arranxo do firme, adecuación e mellora na seguridade vial da N120, principal vía de comunicación desta Comarca e que conta cun elevado volume de tráfico rodado, outra das iniciativas é a recuperación das antigas vías de comunicación fluviais entre os concellos da ribeira, como método de fixación de poboación e para o desenvolvemento socioeconómico.

Tamén presentarán unha emenda sobre o arranxo do firme de aproximadamente 32,7 km da N540 comprendido entre os concellos de Carballedo e Taboada, así como o incremento no número de carrís onde sexa posible.

“Coma sempre, o goberno do Estado esquece ou ignora as necesidades do interior  da Galiza, en concreto da zona do sur de Lugo” di a Responsable Comarcal do BNG, Rosana Prieto. “BNG quere mellorar o trato que os orzamentos do Estado dan a Galiza.”

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...