HomesociedadeÉxito de participación nos obradoiros do “Destino Courel”

Éxito de participación nos obradoiros do “Destino Courel”

Este xoves 25 tivo lugar no Centro Sociocultural Fondo de Vila de Folgoso do Courel o Obradoiro de creación de experiencias turísticas, con más de 20 asisentes de forma presencial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

E o mércores, 24 de novembro celebrábase en Triacastela o I Obradoiro de Emprendemento “Destino Courel” sobre o mundo da castaña e do mel cun éxito de participación entre os profesionais e futuros profesionais do territorio.  

 “Destino Courel” é unha iniciativa creada pola asociación GDR Ribeira-Sacra Courel que se definiu en 2020 como a marca do xeodestino O Courel, que abarca os concellos de Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela, e polo cal pasa o Camiño francés. O obxectivo é crear, mellorar e consolidar diferentes proxectos e negocios sustentables no Destino Courel de Lugo, o cal supón unha nova aposta por parte dos catro concellos por poñer en valor o talento e os recursos.

O mércores, 1 de decembro, terá lugar en Samos a presentación do Club turístico-gastronómico da castaña e do mel, onde se realizará tamén un showcooking con estes productos

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...