HomeEconomíaComeza o 'Tapicheo 2021'

Comeza o ‘Tapicheo 2021’

O tradicional concurso de petiscos celebrarase en Sarria entre os días 3 e 6 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante estes días –3 e 6 de decembro– poderanse degustar as creacións dos hostaleiros sarriaos en horario mínimo de 20:00 a 23:00 h.

Ademais, algún dos participantes farán a categoría de Peque-tapa, para os máis cativos, petisco este que non entra a concurso.

Este ano son dezasete os establecementos participantes na XIV edición:

Restaurante Camping, Adarve, Dp Cristal, Cafetería El Parisien, Contrapunto, D’Orixen, Don Pepe, 8mm, Cafetería Central, Xarope, Cafetería Next, Cafetería Santiago, Mesón Roberto, Hotel Alfonso IX, O Chanto, Casino e Travesía dos Soños.

TAPICHEA E GAÑA

Completando a tarxeta de participación pódense acadar importantes premios. Así, completándoa cos 17 selos entrarase no sorteo dun bono para unha viaxe, cortesía dos establecementos participantes.

Completando 10 selos entrarase no sorteo de varios agasallos consistentes en comidas para dúas persoas, unha rolda de copas para seis persoas, dous lotes de 3 botellas de augardente de herbas, unha botella de Aberfeldy 12 anos, 4 lotes de produtos gastronómicos e unha tarxeta agasallo para desconto nunha axencia de viaxes. Todos estes presentes cortesía de establecementos de Sarria: Restaurante Camping, El Parisién, D’Orixen, Don Pepe, Cafetería Central, Hotel Alfonso IX, O Chanto, Casino e Viaxes Ecuador Sarria.

INSTRUCIÓNS BÁSICAS

Só poden participar as persoas maiores de idade e o voto será válido cando se teñan como mínimo 10 dos 17 redadros –tantos como establecementos participantes– cubertos cos selos correspondente.

Haberá 5 rutas diferenciadas por cores e como mínimo haberá que selar dous establecementos da mesma cor. E para participar hai que encher cos datos persoais e poñendo o nome dos establecementos que se queira valorar, sempre coa puntuación especificada na ‘tarxeta de votación’. Cinco tapas a valorar con 5, 4, 3, 2 e 1 puntos. As tarxetas de votación debidamente cubertas deberanse introducir nas urnas que haberá nos locais participantes.

Da valoración do público anterior sairán seis finalistas que despois serán valorados por un xurado profesional.

O Concurso celebraráse respectando a normativa vixente e as medidas hixiénico-sanitarias previstas legalmente.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...