HomesociedadeO dispositivo invernal da Deputación preparado para a 'borrasca Barra'

O dispositivo invernal da Deputación preparado para a ‘borrasca Barra’

A Deputación de Lugo ten todo listo para garantir a circulación e a seguridade nas estradas provinciais ante a previsión de nevaradas destes días, sobre todo nas zonas de montaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O operativo da institución provincial mobiliza 112 operarios e un total de 50 máquinas e dispón ademais de 420 toneladas de sal de mina nos 12 silos que ten distribuídos por toda a provincia.

Nas zonas montañosas da provincia, onde segundo as previsións meteorolóxicas a situación será máis complicada pola neve, a Deputación reforza o seu operativo con dúas quitaneves. En concreto, as máquinas de reforzo servirán para asistir aos concellos da Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil.

As primeiras neves a partir dos 900 metros comezaron o pasado martes, mentres a previsión para mércores e xoves é de precipitacións en forma de neve na montaña ao longo de todo o día.

SOPORTE AOS CONCELLOS

O Plan de Vialidade Invernal da Deputación de Lugo pon a disposición dos concellos da provincia sal de mina para que poidan atender os problemas que se produzan nas estradas municipais por mor das condicións meteorolóxicas adversas. Deste xeito garántese non só que as vías provinciais se manteñan limpas e fóra de risco, senón tamén que os concellos poidan afrontar situacións de emerxencia ou causas sobrevidas en calquera estrada subministrándose dos silos que a Deputación ten por todo o territorio provincial.

No caso dos concellos do sur de Lugo, os depósitos atópanse no Incio, en Folgoso do Courel e Ribas de Sil. Dende o organimo provincial lembran que todos os concellos que precisen abastecerse de fundentes por razóns de urxencia deberán dirixir unha solicitude previa ao Coordinador de Emerxencias da Rede Viaria Provincial co obxectivo de dar unha resposta eficaz e axeitada a cada unha das peticións, así como facer un control ordenado dos recursos.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...