HomeCulturaA luminaria, as postais e a astronomía centran os obradoiros do Pazo...

A luminaria, as postais e a astronomía centran os obradoiros do Pazo de Tor este Nadal

Ata o vindeiro 6 de xaneiro, os catro museos desenvolverán unha variada axenda, con propostas que van desde ata a representación de pesebres ou a recreación da tradición de Cantos de Reis ata a elaboración de elementos decorativos de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Rede Museística Provincial de Lugo preparou unha programación de Nadal para ofrecer a rapazada diferentes obradoiros e actividades vinculadas ás tradicións e hábitos destas datas. O programa e o formulario de inscrición nas distintas actividades está dispoñible na plataforma multicanle  www.comunidadermpl.es.

Actividades do Museo Pazo de Tor

A LUMINARIA EN TOR. Un obradoiro moi recorrente no Pazo de Tor porque entusiasma aos máis cativos, e máis por estas datas, cando a luz das candeas e quinqués gardan un significado moi especial, imposible sen as nosas amigas, as abellas, protagonistas deste Obradoiro. A cita será o 22 de decembro a partir das 12.00

AS POSTAIS, ULAS? Hoxe, coas novas tecnoloxías e coa dixitalización, muda o xeito de nos relacionar e mesmo de transmitir afecto a parentes e seres queridos. As postais de Nadal tiñan o noso selo, por aquilo que escribiamos no seu reverso. Realizaranse postais coa técnica do gravado. Este obradoiro celebrarase o 23 de decembro a partir das 12.00.

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA. A maxia dos ceos observarase nun escenario idílico como é o Pazo de Tor. Será o 28 de decembro entre as 19.00 e 20.00h.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...