HomesociedadeUn punto limpo pide a Asociación Veciñal do Saviñao

Un punto limpo pide a Asociación Veciñal do Saviñao

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita a ubicación dun punto limpo no municipìo, como xa fixeran no 2016. Considera que así podería acabarse cos verquidos que hai no concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Veciñal do Saviñao pide a dotación dun Punto Limpo oficial e homologado de depósito de todo tipo de materiais de escombros non orgánicos. “Coa apertura tan só os sábados pola mañá é a todas luces escaso e ineficaz. Dito punto limpo debería estar aberto dunha maneira continuada para a súa eficacia e servizo, ben coa presenza dun operario ou cunha previa chamada a un responsable do Concello,” puntualizan desde a asociación.

Aseguran que nos últimos dous meses na zona entre o vello campo da Lama e o novo campo de futbol, estase creando unha escombreira, composta de material de obra, mobiliario vello, rodas e outros restos. “Como queira que o territorio é de titularidade municipal, consideramos que este novo e amplo punto de verquidos conta co permiso do Concello. Recentemente viuse como se retirou gran parte do material, pero volve a medrar día a día”, sinalam desde a asociación.

Preguntan á Corporación municipal se esta escombreira vai ser permitida e se entrarán na dinámica de continuar acumulando materiais  e periodicamente proceder á súa retirada. Solicitan da Corporación Municipal un debate sobre esta carencia e solución a unha problemática que está ocasionando múltiples pequenos verquidos de escombro no municipio.

ÚLTIMAS

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...