HomeCultura'A Apalpadora' visitará varios concellos de Lugo

‘A Apalpadora’ visitará varios concellos de Lugo

A filla do Apalpador terá un encontro coas cativas e os cativos do CPI DR. López Suárez de Escairón e do CEIP Monte Baliño de Pantón o vindeiro 3 de xaneiro. A actividade promóvea a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo poñerá en marcha un programa de visitas da Apalpadora a distintos concellos co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e  ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar ás cativas e cativos esta personaxe e as lendas e ritos que a rodean e que perviviron na memoria da xente do Courel e do oriente ourensán permitindo que, desde hai algo máis dunha década, asociacións e colectivos culturais popularizasen a súa figura.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “con esta programación seguimos contribuíndo á dinamización cultural en distintas concellos” e agradeceu “a colaboración das asociacións de nais e pais que colaboran coa área de Cultura para dispoñer de localizacións para o espectáculo e difundir a iniciativa”.

A actividade ofreceuse a diferentes asociacións de concellos da provincia de Lugo, entre as cales están ANPAS. No caso do sur de Lugo, a actividade chegará aos Concellos do Saviñao e de Pantón da man das ANPAS do CPI DR. López Suárez de Escairón e do CEIP Monte Baliño de Pantón, respectivamente.

A chegada da Apalpadora nestes concellos devanditos será o vindeiro 3 de xaneiro. No Saviñao estará ás 17:00 h. no Auditorio Municipal e en Pantón na Casa da Cultura ás 20:00 h.

O ESPECTÁCULO

A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixará das montañas para encontrarse coa cativada nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.

Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia.  Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.

ÚLTIMAS

A mostra expandida “Un cadro nun lugar” amosa en empresas e institucións da Ribeira Sacra a pintura de Manuel Jorge

A mostra expandida, "Un cadro nun lugar", implica a cesión en déposito de cadros...

Concentración o 28 de outubro ás 12:00 diante do Hospital de Monforte

Os nacionalistas demandan que se dote de persoal e medios humanos suficientes o centro...

O BNG de Quiroga anima as redes sociais co concurso “Celebrando a Castelao”

O BNG de Quiroga, continuando coa celebración do 75 cabodano do falecemento de Castelao,...

Esperta Monforte leva a pleno traballar cara unha “cidade 30”

O límite de velocidade de 30Km/h, nas rúas dun carril por sentido de circulación...