HomeComarca de QuirogaFolgoso do CourelA alcaldesa de Folgoso liga o gromo de covid ás matanzas do...

A alcaldesa de Folgoso liga o gromo de covid ás matanzas do porco

Asegura que non ten constancia dun só ingreso hospitalario na localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, vinculou a alta incidencia por covid-19 rexistrada nesta localidade da montaña de Lugo ás “reunións pola matanza” do porco. “Menos mal que pasou agora”, coa maioría dos veciños vacinados, sinala a rexedora deste municipio que conta cunha das incidencias máis altas de Galicia –por encima dos 3.000 casos por cada 100.000 habitantes– ao contar con máis de 30 positivos.

Lola Castro precisou que o “brote” se destapou “porque un mozo”, que traballa no GES, “foi ao centro médico porque sentía un pouco mal, cunhas décimas de febre e a partir de aí deu positivo”. Tras o caso realizouse un “cribado” a todo o persoal municipal, incluída a alcaldesa –que deu negativo–, “pero isto pode saltar en calquera momento”, recoñece Castro.

A rexedora destacou que “o importante é que” todos os positivos “están na casa”. “Non teño coñecemento de que se producira ningún ingreso”, precisa. Constataba que o luns os positivos se situabam en 30 aínda que considera que se poderá empezar a dar “algunha alta” das primeiras persoas que se contaxiaron. Lola Castro chamou a atención sobre o feito de que “a xente o estaba pasando como unha gripe normal e corrente”. “Algún non tiña nin o máis mínimo síntoma”, describiu finalmente a alcaldesa de Folgoso do Courel.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...