HomeCultura"Cancioneiro do Camiño" preséntase este domingo en Quiroga

“Cancioneiro do Camiño” preséntase este domingo en Quiroga

Manoele De Felisa e o seu grupo levan a Quiroga o seu último traballo “Cancioneiro do Camiño”. Na presentación destes poemas relacionados coa Ruta Xacobea contarase co acompañamento do músico quirogués, Samuel Soto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Cancioneiro do Camiño recolle “18 cantigas, 18 historias que convén ser cantadas e contadas”, como di Manoele De Felisa. Trátase de poemas dos textos de dezaoito escritores cos que o cantautor nado en Cuntis narra as historias tradicionais que aparecen neste disco.

Samuel Soto, quirogués afincado en Vigo, ten unha longa traxectoria no mundo da música tradicional tendo colaborado con moitos grupos e proxectos. Colabora con Queiman e Pousa, é bouzoukista en Sondeseu, músico evocalista en Ardentía e acompaña sobre o escenario ao gaiteiro Isidro Vidal. Ademais, é mestre de música, colabora con moitas agrupacións musicais é destaca tamén como autor de varias cancións dedicadas aos últimos escritores homenaxeados nas Letras Galegas. Estes últimos días está sendo viral coa súa composición musical dedicada ao Nadal titulada Nadal 2021 – Aninovo 2022.

A actuación deste domingo, 19 de decembro, será no Auditorio Municipal a partir das sete da tarde.

ÚLTIMAS

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...