A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten en marcha unha nova edición de Xuventude Crea. O obxectivo deste programa é facilitar vías de expresión para que os mozos e mozas poidan manifestar a súas inquedanzas artísticas.
Poden participar os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2018.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Este certame galego de novos creadores inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña e skate.
Os premios que se establecen por categoría son:
- 1º premio de 3.000 €
- 2º premio de 1.500 €
- 3º premio de 1.000 €.