HomesociedadeO CCU de Monforte cancela as actividades de Nadal

O CCU de Monforte cancela as actividades de Nadal

Dada a incidencia da pandemia nestas datas, e adiantándose a próximas restriccións, decidiron tomar esta decisión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por mor dos actuais datos de contaxios por Coronavirus, as previsibles restricións que poden chegar, e seguindo recomendacións sanitarias, desde a directiva do CCU decidiron no día de hoxe cancelar todas as actividades previstas para os vindeiros días 22, 23 e 24 de decembro.

“Sendo estas actividades dirixidas especialmente a nenos e tal e como están as cousas, preferimos tomar esta decisión primando a precaución e responsabilidade por encima doutros intereses, aínda sentíndoo moito”, refiren dende a directiva.

O CCU Monforte viña de anunciar días atrás as rutas en tren para visitar a Papá Noel en diferentes puntos de Monforte.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...