HomePolíticaO BNG de Monforte demanda un plan de saneamento para as parroquias...

O BNG de Monforte demanda un plan de saneamento para as parroquias que non contan con el

“Non se pode concibir que a estas alturas do século XXI, aínda non se teñan planificadas as actuacións e investimentos no saneamento en todo o concello”, declara Emilio J. Sánchez, concelleiro do BNG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os nacionalistas para ter un rural vivo e con futuro hai que darlle as ferramentas necesarias para cambiar a tendencia dos últimos anos, unha tendencia que leva a que moitos dos habitantes do rural se trasladen ás cidades, en parte por mor da falta de servizos. Hoxe en día aínda existen unhas cantas parroquias do noso concello sen un servizo tan básico como é o do saneamento”, sinala o voceiro do BNG.

Emilio j. Sánchez destaca que “está claro que a falta de saneamento nas aldeas non contribúe para nada á calidade de vida dos seus/súas habitantes, e convérteos deste xeito nuns cidadáns de segunda clase con respecto ós/ás das cidades.”

O concelleiro do BNG de Monforte lembraralle ó Equipo de Goberno as competencias das entidades locais entre as que se atopa a prestación de servizo de sumidoiros, a construción da rede municipal de sumidoiros e o seu mantemento, o establecemento das zonas que deben contar con sistemas de saneamento individual, ou a execución dos proxectos de obras das redes de saneamento e das EDARs, financiando estes proxectos con cargo aos fondos do Concello.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...