HomesociedadeLáncara celebrou unha xornada de 'alternativas ao uso do petróleo en aplicacións...

Láncara celebrou unha xornada de ‘alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas’

Esta semana celebrábase en Láncara unha xornada sobre Alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas organizada polo Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (MUVICLA) nas instalacións de Casa Vázquez, en Trasliste.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación Provincial achegou máis de 3.200 euros a esta actividade. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, destacou a importancia do sector primario para a provincia e sinalou que as actividades agrogandeiras “forman parte da nosa esencia, do que somos, e supoñen unha das máis importantes oportunidades para impulsar o desenvolvemento social e económico, sobre todo do noso rural. E por iso este tipo de iniciativas cobran tanto sentido”.

O Deputado agradeceu e puxo en valor o traballo de MUVICLA pola organización da cita e tamén por “manter un proxecto tan interesante, que pon en valor o noso agro e dá gran visibilidade a Láncara” e sinalou que “nesta senda teredes sempre a man da Deputación tendida, porque ademais das medidas concretas que podamos poñer en marcha e que contan cunha partida moi importante nos nosos orzamentos, cremos que é moi importante traballar preto das entidades; sumando esforzos”.

Nesta xornada participaron expertos de diferentes ámbitos, como Antonio Turiel, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), ou Quico José Ónega, do Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para sensibilizar sobre o futuro da enerxía. A cita contou ademais cunha visita ás instalacións de MUVICLA e diferentes actuacións musicais.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...