HomesociedadeO Incio falla o concurso de decoración de vivendas polo Nadal

O Incio falla o concurso de decoración de vivendas polo Nadal

16 vivendas de diferentes parroquias do municipio participaron no concurso de decoración deste Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este concurso consistía na decoración de vivendas, fachadas e balcóns polo Nadal, coa finalidade de promover e contribuír a crear un ambiente festivo no Concello nestas datas.

O xurado estivo formado por: Dª Begoña Otero Fernández, directora do C.E.I.P. Ricardo Gasset do Incio; Dª Mª Elena Rodríguez Losada, monitora do obradoiro de emprego de Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón e D. Asier Maceda González, administrativo do Concello do Incio.

O primeiro premio, de 150€, foi para Luis López Arias de Barreiro (S Pedro do Incio), o segundo, dotado con 100€, foi para Pilar López Vide de A Cruz do Incio e o terceiro para Silvia Macía (Hospitald o Incio) e Manuel Veiga (Dontide) que se reparten 25€ cada un.

Desde o concello agradecen a boa resposta da veciñanza e informan aos participantes de que recibirán os seus premios nos vindeiros días.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...