HomesociedadeGalicia supera os 62.000 casos de Covid-19 e na provincia cóntase con...

Galicia supera os 62.000 casos de Covid-19 e na provincia cóntase con 5 pacientes en UCI

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do venres, mantéñense en 51 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en toda Galicia, pero aumentan a 358 as hospitalizadas noutras unidades --15 máis--

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os casos activos de Covid-19 seguen en aumento, aínda que a menor ritmo que días anteriores, e pasan a barreira dos 62.000, ao situarse en 62.693 (+1.058), mentres que os novos contaxios sitúanse por baixo dos 4.000 (3.557). Continúan incrementándose os hospitalizados, con 409 pacientes –que supoñen 15 máis que o día anterior–. Pola súa banda, a taxa de positividade baixa ata o 26,01%.

62.693 casos activos en Galicia, cifra récord desde o inicio da pandemia, 1.058 máis que os rexistrados ata o día pasado, ao haber de novo máis contaxios (3.557), que altas (2.492), ao que se engaden oito falecementos. O maior aumento de casos activos corresponde á área de Ourense (+352), seguida da da Coruña (+207), Vigo (+186), Lugo (+129), Santiago (+117), Pontevedra (+36) e Ferrol (+31). Na área sanitario de Lugo mantéñense cinco ingresados en críticos –sen cambios– pero soben a 27 os doutras unidades –dous máis–.

Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...