HomeCulturaAs identidades, o internacionalismo e o  pacifismo, temas protagonistas en Monforte no XX...

As identidades, o internacionalismo e o  pacifismo, temas protagonistas en Monforte no XX Coloquio da Historia da Educación

A actividade organizada pola Sociedade Española da Historia da Educación (SEDHE) celebrarase na Casa da Cultura de Monforte do 9 ó 12 de xullo do 2019.

Publicado o

- Advertisement -

As persoas interesadas en achegar suxestións respecto dos obradoiros a desenvolver no marco deste foro poderán facer as súas aportacións ata o 25 de outubro. O prazo de presentación de comunicacións para o XX Coloquio de Historia da Educación permanecerá aberto ata un mes máis tarde.

A actividade organizada pola Sociedade Española da Historia da Educación conta coa colaboración das Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela, ademais das universidades de Florencia, Lisboa e Santa Catalina (Brasil).

En Monforte daranse cita investigadores de universidades españolas e estranxeiras para tratar cuestións transversais na educación, como son as identidades o internacionalismo e o pacifismo, segundo se explicou na presentación da actividade. Para esta presentación acudiron á cidade do Cabe o Presidente do Comité Organizador, Xosé Manuel Cid; a Secretaria do Comité, María Victoria Carrera e o presidente da Sociedade Española da Historia da Educación, Eugenio Otero. 

O alcalde de Monforte, José Tomé,  asegurou que era unha honra acoller estes coloquios cunha traxectoria xa consolidada e que xa pasaron por cidades como Sevilla, Granada, Santiago de Compostela ou San Sebastián. Para o rexedor local era necesario que a cidade do Cabe fose tamén escenario desta cita, xa que Monforte “goza dunha consolidada tradición escolar”. Toda a información sobre este congreso científico na web da Sociedade Española de Historia da Educación (SEDHE).

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...