HomePolíticaPor Chantada reitera a súa oposición á utilización de herbicidas para usos...

Por Chantada reitera a súa oposición á utilización de herbicidas para usos non agrarios

No escrito que Por Chantada vén de presentar no concello reiteran a lexislación de aplicación para o uso de herbicidas e os condicionamentos específicos para os ámbitos non agrarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 19 de decembro desde Por Chantada aseguran que se dirixiron ao Concello de Chantada solicitando información sobre os produtos que se botaron en varias rúas e baixo que protocolos e condicións se fixo. “Coma de costume, este grupo non obtivo resposta, unha tónica que vén sendo demasiado habitual, xa que tampouco se nos está dando en tempo e forma acceso a outra documentación que demandamos para poder exercer o noso labor de fiscalización da nefasta xestión municipal,” denuncian desde Por Chantada.

No 2015 o concello aprobaba por unanimidade, a moción de Por Chantada para prohibir o emprego de herbicidas para usos non agrarios no concello de Chantada. “A pesar disto, o Goberno municipal segue a facer caso omiso dos acordos e actúa con total opacidade,” aseguran desde Por Chantada.

rúa de Portomarín / Por Chantada

No 2017 Por Chantada propuxo un protocolo para o emprego correcto dos fitosanitarios no termo municipal, debendo sinalizarse e informar correctamente do seu uso, por afectar á saúde das persoas e ao Medio ambiente. Lembran “Conseguiramos que aparecese sinalización por primeira vez, aínda que esta fose incorrecta e incompleta. No entanto, desde entón, coa mudanza de titular ca Consellaría de Medio Ambiente, retrocedemos. Con estes antecedentes, Por Chantada reitera as súas demandas sobre este tema,

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...