HomesociedadeRenóvase a pasarela que conecta a gardaría co Parque dos Condes en...

Renóvase a pasarela que conecta a gardaría co Parque dos Condes en Monforte

Actualmente os traballos atópanse nesta última fase de pintado, e agárdase que se a climatoloxía o permite, rematen nestes días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras de mellora na pasarela peonil que une a gardaría municipal co Parque dos Condes deron comezo hai uns días, desenvolvéndose cando a climatoloxía o vai permitindo. “Debido a que esta pasarela é moi transitada, dende o Concello consideramos que era preciso levar a cabo nela tarefas de revisión da súa seguridade e de conservación, motivo polo cal decidimos acometer esta actuación da que estamos informando”, sinalou o rexedor municipal.

Estes traballos de limpeza e pintado da pasarela foron adxudicados á empresa Pinturas Lemos SC por un importe de 8.760,40 euros, IVE engadido, e abarcan un total de 200 m2 de superficie metálica.

A actuación consiste na revisión de todos os elementos metálicos que conforman a pasarela co obxecto de comprobar que ningún deles sufra unha perda de sección debido á corrosión, que os súas ancoraxes se atopen en perfecto estado e que a seguridade da estrutura non estea afectada. Neste senso, de ser necesario renovarase a protección dos elementos metálicos fronte á corrosión, á vez que se leva a cabo o mantemento e renovación do aspecto estético da pasarela, a través do pintado da mesma.

Para elo, xa se procedeu a preparación da superficie metálica, para a súa protección e pintado, a través dun lavado e cepillado, co fin de eliminar a sucidade, o verdín, o óxido, a calamina e a pintura vella, para garantir a apropiada adherencia das proteccións e do pintado a aplicar.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...