HomesociedadeMonforte promociona en Fitur o seu pasado xudeu e a Ribeira Sacra

Monforte promociona en Fitur o seu pasado xudeu e a Ribeira Sacra

A primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada Rodríguez, participou este mércores nun acto no Stand de Galicia en Fitur no que a cidade do Cabe foi protagonista xunto ás outras dúas cidades galegas que forman parte da Rede de Xudarías de España, Ribadavia e Tui.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto enmarcouse dentro do programa de actividades do stand de Galicia en Fitur, un acto organizado pola Red de Juderías baixo o lema “Descubrindo as xudarías galegas de Monforte de Lemos, Ribadavia e Tui”. A actividade promocional tamén serviu para dar a coñecer outros valores artísticos, patrimoniais, paisaxísticos e gastronómicos específicos de cada unha das cidades presentes.

Gloria Prada iniciou a súa intervención resaltando que “Monforte como capital da Ribeira Sacra é un paraíso dentro da provincia de Lugo, na que é a segunda cidade da provincia”. Resaltou a importancia do conxunto monumental de San Vicente e da súa Torre da Homenaxe, onde se atopan importantes pegadas do pasado sefardí a través dos “signos lapidarios da estrela de Salomón”. Unha pegada, a do pobo xudeu, presente nas rúas, prazas, murallas e casas da cidade,.

A representante monfortina tamén fixo un repaso pola importante oferta turística que ofrece a cidade, dende o Parador de Turismo, pasando polo Casco Histórico declarado Ben de Interese Cultural en 1973, os Escolapios –o “Escorial galego”-, os museos da cidade, ou o Miradoiro do Duque, sen esquecer a oferta gastronómica, vinícola –grazas á “viticultura heroica”-, e de grandes eventos de periodicidade anual, como a Feira Medieval, o Festival do Viño ou as Festas Patronais.

Tras a súa intervención, procedeuse á proxección dun vídeo promocional da cidade de Monforte, prestándolle especial atención á súa xudaría. As actividades promocionais do concello de Monforte seguirán ao longo desta semana.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...