HomeCulturaArte no ar, ruta de arte urbana en Quiroga

Arte no ar, ruta de arte urbana en Quiroga

A ruta que recorre os murais cos que conta a vila de Quiroga ten de nome: “Arte no Ar”. Conta tamén cun folleto que inclúe un mapa cos murais, os museos e os lapis da cultura, ilustrado con fotografías destas manifestacións artísticas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ruta parte dende a Oficina de Turismo situada no edificio da Casa da Cultura, no mesmo edificio do primeiro Lapis da Cultura (2021) do salmantino Felipe Piñuela. Estes lapis pretenden poñer en valor a cultura literaria quiroguesa cos nomes de importantes escritores vinculados ao noso municipio.

A seguinte parada sitúase no entronque da rúa Real coa rúa San Martiño de Abaixo, no mural de Joseba Muruzábal, da “súper avoa vendimadora” (2020). Este mural forma parte da serie “superavoas” que este artista plasmou por toda Galicia,  representando á muller rural que realiza labores no campo ata os oitenta anos cunha enerxía e condición física sorprendente.

No cruce da rúa Lago está o mural de máis recente creación “A peregrina do Camiño de Inverno” (2021). Neste mural Mon Devane representa a unha peregrina, coas pautas cromáticas que o caracterizan, evidenciando a importancia que ten esta ruta Xacobea para Quiroga.

A ruta levaranos ata a praza Maior onde nun lateral dun edificio da rúa Calvo Sotelo atópase o mural de Germán González. T´ratase a obra: “Alvariza” (2020). 

Mural que realiza Yoseba MP en Quiroga / XdL

Continúase camiño ata o Museo Xeolóxico para chegar ao mural, “Xove na beira da auga” (2021). Con esta obra, o seu autor Iván Floro – Van Vuu, quere evocar –co seu estilo impresionista– o sentimento da Ribeira Sacra a través dunha moza ao lado dun río.

Na praza España, realizado por Pablo López Sanjurjo, pode contemplarse  á escritora galega “Rosalía de Castro” (2021). Un retrato que serve para dar voz a cuestións tan de actualidade hoxe en día como os dereitos das mulleres, a defensa do galego ou a denuncia da emigración.

En dirección ao centro de saúde atopamos outro dos murais, realizado polo quirogués José Luís Lemos, unhas flores enmarcan o título de “Bésame en esta esquina” (2021). A partir desta frase o autor propón un espazo agradable e romántico para bicarse.

 Nunha fachada do Pavillón Municipal Abi Castillo baixo o título de “Sororidade” (2020) plasmou dúas mulleres. Representa a solidaridade entre as mulleres nun contexto de discriminación sexual e violencia patriarcal en conmemoración do Día Internacional da Muller.

Tras pasar polas inmediacións do Centro de Educación Infantil e Primaria, onde se pode ver o muro da praza do Albergue Municipal cunha composición xeométrica de vistosas cores “Escala cromática” (2020); chegamos ata a fachada do Albergue Municipal. Alí podemos ver “A lavandeira do Sil” (2015), mural que se pintou para promocionar a Ribeira Sacra. Foi realizado polo artista Miguel Peralta e representa a imaxe dunha aureana ou lavandeira, un ser mitolóxico relacionado coas lendas das sereas dos rios e as mouras. Neste mesmo edificio tamén atopamos outra das series dos lapis da cultura.

E finalmente, no Auditorio Municipal está o “Neno coa oliva” (2021). Este mural de Mon Devane quere poñer en relevancia un dos produtos que tanto significa para Quiroga: o aceite. A ruta remata neste mesmo edificio onde se atopa o Museo Etnográfico de Quiroga.

ÚLTIMAS

Pazo de La Cuesta en San Clodio, a adega familiar máis antiga de Galicia e das máis antigas de España

O acto, que tivo lugar na sede do IEGPS (San Roque, 2, Santiago de...

Ribeira Sacra ao 65% de ocupación nesta Ponte das Letras Galegas

A ocupación é moi semellante a esta ponte en anos anteriores. Como apuntan desde...

A Fundación San Rosendo adxudica as obras da residencia da terceira idade de Pantón

Para a posta en marcha deste servizo a Fundación San Rosendo destina case 1.500.000€....

Trofeo ao equipo alevín do C.B. Val de Lemos como gañador da Liga de 2ª provincial

O equipo monfortino recibiu o trofreo correspondente á Liga de 2ª Provincial de baloncesto,...