HomeCulturaAberto o prazo para inscribirse no Entroido de Monforte que terá 18.000€...

Aberto o prazo para inscribirse no Entroido de Monforte que terá 18.000€ en premios

A primeira cita será co concurso do Xoves de Compadres do 17 de febreiro e unha semana máis tarde, o 24 de febreiro, o Xoves de Comadres. O día grande do Entroido en Monforte será o martes, 1 de marzo, co desfile de comparsas e disfraces.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte aproba as bases que van regular as actividades do Entroido, un certame que non puido ser celebrado en 2021 por mor da pandemia da Covid-19, e que o concello recupera, sempre que as condicións sanitarias permitan a súa celebración. Nesta edición increméntase a partida de premios ata os 18.000 euros, que é un 37,40% máis que no 2020.

A primeira cita será co concurso do Xoves de Compadres do 17 de febreiro e unha semana máis tarde, o 24 de febreiro, o Xoves de Comadres. Para estes concursos contémplanse tres convocatorias, centros de ensino, parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España.

Valorarase a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social, contando cos seguintes premios:

Individuais 1º premio: 75 euros 2º premio: 50 euros Accésit: 25 eurosColectivos 1º premio: 120 euros 2º premio: 95 euros Accésit: 50 eurosOutros premios -Premio á etnografía: 125 euros -Premio á crítica social: 125 euros

O prazo para incribirse rematará o 16 de febreiro e no caso do Xoves de Comadres, o 23 de febreiro.

Martes de Entroido: desfile de comparsas e disfraces

O día grande do Entroido en Monforte será o martes, 1 de marzo saíndo ás 17.00h da Praza da Estación. O prazo para inscribirse no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica remata o 24 de febreiro. Establécense dúas modalidades, para as comparsas e disfraces de Monforte e outra para disfraces e comparsas de fóra da cidade.

COMPARSAS E DISFRACES DE MONFORTE premios:

Comparsas de máis de 90 compoñentes

  • 1º- 1.100 euros
  • 2º- 700 euros
  • 3º- 500 euros

Comparsas entre 51 e 90 compoñentes

  • 1º- 500 euros
  • 2º- 350 euros
  • 3º- 200 euros

Comparsas entre 25 e 50 compoñentes

  • 1º- 400 euros
  • 2º- 250 euros
  • 3º- 200 euros

Comparsas entre 4 e 24 compoñentes

  • 1º- 250 euros
  • 2º- 200 euros
  • 3º- 150 euros

Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes

  • 1º- 125 euros
  • 2º- 100 euros
  • 3º- 75 euros

Premios de 125 euros a:

  • Mellor comparsa tradicional
  • Mellor posta en escea
  • Mellor crítica de actualidade
  • Mellor humor
  • Mellor música en vivo

Premios ás carrozas

  • 1º- 400 euros
  • 2º- 200 euros
  • 3º- 150 euros

Accésits

  • Comparsas con máis de 90 compoñentes: 250 euros
  • Comparsas de 51 a 90 compoñentes: 130 euros
  • Comparsas de 25 a 50 compoñentes: 100 euros
  • Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 100 euros
  • Comparsas infantís: 40 euros
  • Individual adulto: 40 euros
  • Individual infantil: 40 euros
  • Ás carrozas: 70 euros

Individual infantil de 1 a 3 compoñentes

  • 1º- 100 euros
  • 2º- 75 euros
  • 3º- 60 euros

Comparsas infantís de 4 compoñentes en diante

  • 1º- 225 euros
  • 2º- 130 euros
  • 3º- 75 euros

*Os premios das categorías infantís serán en material didáctico ou deportivo.

COMPARSAS E DISFRACES DE FORA DE MONFORTE:

Comparsas de 1 a 3 compoñentes

  • 1º- 125 euros
  • 2º- 100 euros
  • 3º- 75 euros

Comparsas de 4 a 24 compoñentes

  • 1º- 250 euros
  • 2º- 200 euros
  • 3º- 150 euros

Comparsas de máis de 25 compoñentes

  • 1º- 400 euros
  • 2º- 250 euros
  • 3º- 200 euros

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...