HomesociedadeAxudas de 1,1M€ en axudas para servizos básicos en aldeas modelo ou...

Axudas de 1,1M€ en axudas para servizos básicos en aldeas modelo ou polígonos agroforestais

Publícase no DOG unha nova liña de subvencións dirixida aos concellos galegos para que poidan levar a cabo proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria. Promovida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a convocatoria conta cun orzamento de 1.093.333 euros, para executar neste ano 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con esta resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, búscase propiciar a implantación de actividades que poidan xerar emprego e fixar poboación, apoiando a implantación e mellora dos servizos á poboación rural e procurando satisfacer as novas necesidades dos habitantes e das empresas que se localicen nesas áreas rurais.

As axudas serán subvencións directas de capital e o procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Os beneficiarios serán aqueles concellos nos que se teña declarado unha aldea modelo ou iniciado o procedemento de aprobación para o desenvolvemento dun polígono agroforestal.

Entre as actuacións que serán obxecto de apoio figuran a instalación, ampliación ou mellora das redes de alumeado público; a construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de espazos públicos como prazas, paseos, rúas ou parques infantís e a pavimentación de vías públicas municipais. Tamén se contempla a rehabilitación de elementos patrimoniais tales como fontes, lavadoiros, muíños ou hórreos; a implantación e mellora de servizos asistenciais para a infancia ou os maiores; a dotación ou mellora de servizos culturais ou a dixitalización de núcleos rurais, entre outras accións.

Os consistorios galegos terán un prazo de presentación de solicitudes dun mes e deberán executar e xustificar as actuacións subvencionadas antes do 30 de setembro deste ano. Cada concello poderá presentar ata un máximo de tres solicitudes de axuda, correspondéndose cada unha delas cun único proxecto.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...