HomesociedadeConcorrida asistencia en "San Clodio non pode perder máis trens"

Concorrida asistencia en “San Clodio non pode perder máis trens”

Dende o BNG Sur de Lugo promoveron esta iniciativa que continuará coa recollida de sinaturas a vindeira semana. Agradeceron a nutrida asistencia a este acto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na media mañá deste domingo, 30 de xaneiro, concentráronse ao redor de 250 persoas na Estación do FF.CC. San Clodio- Quiroga para berrar ao unísono ‘San Clodio non pode perder máis trens’ lema co que o BNG do Sur de Lugo deu comezo a unha campaña de reivindicación para o reforzo da liña que “uníu historicamente Galiza con Castela e a nós co resto de Galiza”, recordou a responsable comarcal, RosaAna Prieto Florines, que presentou a campaña para lembrar a importancia do ferrocarril como elemento de desenvolvemento e de loitar contra o despoboamento nas comarcas do interior galego.

Citou tamén o desmantelamento continuado do ferrocarril, e apostou por “aportar solucións e non culpables” e convidou a todos os partidos políticos a unírense a unha demanda xusta e boa para todos. Sinalan desde o BNG que “o problema é político e a solución debe sela tamén, por iso estamos a disposición de todos o mundo, xa que nunca se lle pediu o carné a ninguén e menos cando é un clamor o peche de servizos que sufrimos’.

Ferrocarril concentración San Clodio BNG Lugo Sul / BNG Lugo Sul

Neste acto tamén se lembrou que a cesión de terras por parte do ‘Batanero’ para a construción do ff.cc. incluía entre as cláusulas para a cesión das terras a obriga de parar en San Clodio. Tamén falou das consecuencias da chegada do AVE a Ourense que xerou cambios de horarios en San Clodio, coa conseguinte perda de enlaces.

Desde a representación dos traballadores ferroviaros denunciouse a privatización das liñas ferroviarias rendibles mediante as fórmulas das contratas, e tamén se sinalou o perigo de peche das que non dan beneficios.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....