HomeMedio ambiente e PatrimonioAxudas de ata 25.000 euros para mellorar inmobles da Ribeira Sacra

Axudas de ata 25.000 euros para mellorar inmobles da Ribeira Sacra

Este programa de recuperación de vivendas contémplase para concellos que integran a Área Integral da Ribeira Sacra e está dotado de 570.000 euros. Os interesados poden recibir subvencións para realizar obras que melloren as condicións e accesos dunha vivenda, así como a eficiencia enerxética.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os veciños e veciñas da Ribeira Sacra que desexen mellorar o estado actual das súas vivendas dispoñen de axudas de ata 25.000 euros, que xa poden solicitar dende o 1 de febreiro ao 30 de setembro deste 2022 a través da Sede electrónica da Xunta.

Os delegados territoriais da Xunta en Lugo, Javier Arias, e en Ourense, Gabriel Alén, visitaron este martes, 1 de febreiro, dous inmobles –localizados nos concellos de Ribas de Sil (Lugo) e Esgos (Ourense)– que se beneficiaron dunha subvención desta liña de rehabilitación ao abeiro da convocatoria de 2021.

Este programa –xestionado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo– está dirixido especialmente aos veciños e veciñas dos 25 concellos das provincias de Lugo e Ourense, que conforman esta área supramunicipal (ARI), e que disporán dun orzamento de case 570.000 euros para o actual exercicio.

As actuacións subvencionables son as obras de mantemento a fin de adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado das obras nun edificio de cinco vivendas en San Clodio (Ribas de Sil), onde se instalou un ascensor grazas a unha achega de 26.500 euros.

Javier Arias na porta do ascensor instalado coas axudas. Foto: Prensa da Xunta de Galicia.

PROXECTOS EXECUTADOS NO 2021

Arias explicou que nos últimos meses se executaron 14 proxectos de construción ou reforma en sete municipios lucenses ao abeiro do ARI da Ribeira Sacra. Ribas de Sil rexistrou cinco iniciativas, cun total de nove vivendas beneficiarias; en Monforte de Lemos leváronse a cabo tres actuacións, dúas en Taboada, e as demais en Quiroga, O Saviñao, Chantada e Pantón. Suman un orzamento total de 136.700 euros en axudas.

ÚLTIMAS

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...

“Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”, a exposición na igrexa nova de Chantada

A igrexa nova de Chantada acolle ata o 20 de abril a exposición "Coreografías...