A Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lugo valora positivamente os datos do paro na comarca de Chantada, non así os de Quiroga, Lemos e Sarria.
Por concellos na comarca de Chantada os datos son os seguintes para un total de 573 parados, 11 menos que no mes anterior:
- Carballedo 61 (-7)
 - Taboada 89 (=)
 - Chantada 423 (-4)
 
Na comarca de Lemos o paro de xaneiro é de 1515 persoas, 7 máis que no mes anterior:
- Bóveda 46 (-4)
 - Monforte de Lemos 1096 (+22)
 - Pantón 83 (-4)
 - A Pobra do Brollón 67 (+3)
 - O Saviñao 131 (-6)
 - Sober 92 (-4)
 
A comarca de Quiroga suma en xaneiro 258 parador, 20 máis que no mes anterior:
- FOLGOSO do Courel 47 (+5)
 - Ribas de Sil 39 (+2)
 - Quiroga 172 (+13)
 
Na comarca de Sarria súmanse 1011 parados, 26 máis que no mes anterior:
- O Incio 52 (+1)
 - Láncara 92 (=)
 - Paradela 27 (-3)
 - O Páramo 38 (=)
 - Samos 39 (+2)
 - Sarria 742 (+27)
 - Triacastela 21(-1)
 
A Secretaría de Acción Sindical amosa a súa preocupación polos datos de Sarria e Monforte, con 27 e 22 parados máis respectivamente. Preocupa ao sindicato que Monforte estea á cabeza no sector servizos con 763 parados, así como na agricultura e gandaría con 64 parados, superando a Chantada ou Sober.
Valoran positivamente que na comarca de Lemos queden poucos traballadores en ERTE, “o que significa que hostalería e comercio recupéranse de modo espectacular” sinalan. Ven o sector industrial estancado con 85 parador na cidade do Cabe. Lembran desde o sindicato que teñen denunciado a varias empresas do sector servizos na comarca de Lemos polo depido de varios traballadores sen facer efectiva a liquidación e o finiquito.
Asemblea o día 9 en Lugo
A Secretaría de Acción Sindical convoca a todos os delegados de CCOO na zona sur a participar na asemblea informativa do vindeiro día 9 en Lugo, para abordar a reforma laboral. O sindicato ve un gran avance nesta reforma “por ser a primeira vez en moitos anos que se recuperan dereitos laborais, como a ultraactividade, a contratación e recuperar a negociación colectiva,” sinalan.

                                    