HomePolíticaIrregularidades nos convenios con AGADER e a Axencia de Turismo no concello...

Irregularidades nos convenios con AGADER e a Axencia de Turismo no concello da Pobra do Brollón?

No concello da Pobra do Brollón agardan respostas e dende o BNG piden ao goberno galego claridade “na rendición de contas” e unha investigación das irregularidades dos devanditos convenios, porque “estas irregularidades foron detectadas en diferentes convenios”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, o  portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini), pediu responsabilidades polas “irregularidades” nos convenios con AGADER e a Axencia de Turismo no concello da Pobra do Brollón. O deputado reclamou a Medio Rural, unha investigación dos  convenios asinados polo director da Subdirección de Relación de AGADER cos Grupos de Desenvolvemento Rural (GRD), Javier Blanco, denunciado pola avogacía da Xunta de Galiza.

O deputado explicou que o 10 de xullo do 2020 foi asinado un convenio entre o concello da Pobra de Brollón, AGADER e a Axencia de Turismo de Galicia para construír un albergue municipal de peregrinos do Camiño de Inverno por “277.132,33 euros a librar en dúas anualidades”, a primeira no mesmo ano 2020 por 34.835 e a segunda no ano 2021 por valor de 242.296 euros. O concello solicita o 6 de outubro do 2020 “un anticipo de 14.709 euros”, ao amparo da cláusula 4ª do convenio asinado” pero polo momento, “non recibiu ningunha resposta”. Lembran os nacionalistas que este tipo de convenios son moi necesarios para recuperar o impulso económico de concellos como A Pobra do Brollón con 22 parroquias e 1.632 habitantes.

A xuízo do deputado, AGADER non impulsa o rural, mais ben “o está a esganar” cun  proceder que cualificou de “castigo” ao concello pola súa tendencia política, contraria ao Partido popular, e lembrou que este concello foi un dos máis afectados polos incendios cunhas axudas “ridículas” para recuperar as zonas afectadas.

Mini  reprobou que a responsable de AGADER  “escorrera o vulto” a pesar da “responsabilidade financeira de AGADER” e volveu a reclamar explicacións sobre as irregularidades nos mencionados convenios que a directora de AGADER eludiu responder.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...