HomeCulturaQuiroga anuncia o seu desfile de comparsas

Quiroga anuncia o seu desfile de comparsas

Será o día 27 de febreiro pola tarde e as inscricións terán que presentarse na Casa da Cultura ou no Rexistro do Concello de Quiroga antes do día 21 de febreiro. Os premios serán de 600 euros para a comparsa gañadora, 300 para a segunda clasificada e 200 para a terceira. Aparte destes tres premiados, o resto das comparsas participantes recibirán 100 euros e haberá un único premio de 60 para o mellor disfrace individual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga celebrará o Entroido cun desfile de comparsas, o domingo 27 de febreiro, unha festa de disfraces infantil o día 28 e unha merenda para os maiores no Centro Social o martes 29.

A vindeira semana ábrese o prazo para que as comparsas que desexen participar no desfile, así como os disfraces individuais, poidan anotarse. As comparsas deberán de estar integradas por dez membros como mínimo, mentres que os disfraces individuais agruparán como máximo a tres persoas.

As inscricións poderán formalizarse na Casa da Cultura ou no Rexistro do Concello de Quiroga antes do día 21 de febreiro presentando a seguinte documentación: solicitude de inscrición, DNI do representante, certificado da conta bancaria e folla de sinaturas dos membros da comparsa ou disfrace.

O desfile comezará ás 17:00 h. partindo da rúa Praia para rematar, despois de percorrer a rúa Real, diante da Casa do Concello. A charanga Os Caliqueños amenizará o percorrido, así como tamén o tempo de agarda polo fallo do xurado. Neste momento de deliberación todos os asistentes estarán convidados a un chocolate con churros.

VALORACIÓN DAS COMPARSAS E PREMIOS

Un xurado composto por un membro de cada comparsa participante, valorará especialmente a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración do vestiario e a elaboración da carroza.

Os premios, que manteñen as contías de anos anteriores, son os seguintes:  600 euros para a comparsa gañadora, 300 para a segunda clasificada e 200 para a terceira. O resto das comparsas recibirán 100 euros polo mero feito de participar e haberá un único premio de 60 para o mellor disfrace individual.

FESTA INFANTIL E MERENDA PARA OS MAIORES

Ademais do desfile, a cativada terá o luns día 28 unha festa infantil de disfraces; e os maiores, o martes de entroido, poderán merendar nas instalacións do centro social orellas de carnaval e sangría.

Dende a organización lembran que para todas estas actividades serán de obrigado cumprimento para todos os participantes as directrices marcadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública e demais organismos competentes para a prevención da infección polo virus SARS-COV-2 ante a festividade do Entroido.

ÚLTIMAS

Detido un veciño de Sarria por delito continuado de estafa

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Sarria acusado dun...

O BNG esixe ao Goberno manter o tren das 23:00h entre Ourense-Monforte-Lugo

O BNG advirte de que a supresión deste servizo supón un novo recorte nas...

IX Xornada Castañeira nos Anguieiros, Quiroga, este 1 de novembro

O sábado, 1 de novembro, a partir das 17:00h celebrarase un obradoiro de elaboración...

O PP pedirá explicacións no Congreso pola supresión da praza de carteiro en Ribas de Sil

A voceira popular, Sandra Macía, condena a perda de servizos no municipio “sen que...