HomeDeportesSarria iniciou a conta atrás para O Gran Camiño

Sarria iniciou a conta atrás para O Gran Camiño

Un grupo de ciclistas de clubs de Sarria e Lugo fixeron este sábado o percorrido da cuarta etapa da rolda galega, que se disputará o 27 de febreiro. Efrén Castro, que se sumou á ruta, sinalou que “a rolda galega suporá unha oportunidade única para proxectar Sarria como punto de referencia do Camiño de Santiago”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un grupo de ciclistas de DHG Team, Club Ciclista Cidade de Lugo e Triatlón Cidade de Lugo Fluvial participaron na iniciativa, promovida pola Vicepresidenta da Deputación de Lugo, que patrocina o paso da proba por Sarria.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, e o ex-ciclista profesional, Ezequiel Mosquera, impulsor do Gran Camiño,  sumáronse ao grupo, que percorreu o trazado previsto para a contrarreloxo que decidirá a proba.

Trátase de 15,8 quilómetros con saída do casco urbano de Sarria, con tramos nas estradas LU-P-5707 e LU-P-5602, coincidindo co trazado do Camiño de Santiago, e volta á vila para alcanzar a meta, situada na Rúa do Castelo, na cima do casco histórico, fronte as icónicas letras de Sarria.

O Gran Camiño Sarria, chegada / Vicepresidencia Deputación

O deputado de Deportes, Efrén Castro explicou que “O Gran Camiño suporá unha oportunidade única para proxectar Sarria para como punto de referencia do Camiño de Santiago, incluso a nivel internacional, porque a proba traerá aquí algúns dos mellores equipos profesionais do mundo”

O Gran Camiño

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina o paso por Sarria do Gran Camiño, que se celebrará do 24 ao 27 de febreiro e que pretende recuperar un espazo propio para o ciclismo galego no calendario internacional. A localidade sarriá acollerá, o día 27,  a cuarta etapa desta volta a Galiza, unha contrarreloxo que se prevé decisiva para o desenlace da rolda.

Antes, o pelotón internacional realizará outras tres etapas, polas provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense. A organización confirmou a participación na proba de equipos como o Movistar, Cofidis, Euskaltel-Euskadi, Start Up Nation, Education First ou Tavira.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...